miércoles, 14 de junio de 2017

O noso Camiño.

Decidimos cal será o noso Camiño. De todas as rutas, eliximos percorrer o Camiño Norte, dado que somos da Mariña e queremos percorrer as fermosas paisaxes que nos rodean.
Camiñaremos durante un total de 5 semanas, a través de 10 etapas. Nas dúas últimas unirémonos ó Camiño Francés. En todas e cada unha das vilas polas que pasaremos temos a oportunidade de pernoctar nos albergues de peregrinos dispersos ó longo do traxecto.


-Etapa 1: O noso punto de inicio será Luarca, e camiñaremos 29,3km ata a seguinte etapa, La Caridad. Un dos lugares máis fermosos polos que pasaremos será o Porto de Luarca.
-Etapa 2: Hoxe chegaremos ata Ribadeo, o primeiro pobo galego do do Camiño Norte,  que dista uns 23,3km da anterior etapa.
-Etapa 3: a continuación, desprazarémonos uns 29,5km dende Ribadeo ata a fermosa vila de Lourenzá, a cal conta cunha das máis fermosas Igrexas de toda Galicia.
-Etapa 4: esta vai ser, sen dúbida, a máis dura de todas. Dende Lourenzá ata Abadín sepárannos un total de 24,8km cun desnivel de case 500m.
-Etapa 5: agora percorreremos 20,6km ata Vilalba.
-Etapa 6: de Vilalba ata Baamonde sepárannos unos 20,7km. Logo de pasar a noite no seu albergue de peregrinos, en lugar de continuar co Camiño, tomaremos un día de descanso nesta fermosa vila. A continuación, esperanos unha etapa moi longa...
-Etapa 7: Dende Baamonde ata Sobrado dos Monxes sepárannos un total de 41,3km que constitúen  unha das máis longas etapas do Camiño Norte. Un lugar de parada obrigatoria será o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, con máis de 1000 anos de antigüidade.
-Etapa 8: Sobrado dos Monxes-Arzúa: este é o último traxecto do Camiño Norte. 
Non hai mellor maneira de finalizalo que parando nesta fermosa vila. Dende a súa gastronomía (salientable por ser a cuna do queixo de  denominación de orixe Arzúa Ulloa) ata as mostras arqueolóxicas de restos dos primeiros poboadores da nosa terra.

Quédannos dúas etapas nas que nos unimos ao Camiño Francés:
-Etapa 9: Arzúa-Pedrouzo: 19,1km son os que nos separarán ata chegar á localidade dun dos máis emblemáticos lugares do Camiño, o Monte do Gozo, dende onde observaremos por primeira vez as colosais torres da Catedral de Santiago.
-Etapa 10: Pedrouzo-Santiago de Compostel: quédannos os últimos 20 km desta apaixonante viaxe. Por fin chegaremos ó noso destino, completando así esta fermosa e satisfactoria experiencia.

Para máis información, visita estas páxinas:
http://www.mundicamino.com/los-caminos/37/camino-del-norte/etapa/26/la-caridad/ribadeo/tipo/cultura/

http://caminodesantiago.consumer.es/los-caminos-de-santiago/frances/

No hay comentarios: