Neste trimestre propóñovos unha serie de preguntas que poderedes contestar investigando un pouquiño. Podedes atopar as respostas sobre todo neste blog, nos libros que temos na biblioteca, no material que vos entrego nas clases,...
Entregaredes a resposta enviando un correo electrónico a maskreli@gmail.com indicando no asunto o voso nome e apelido e o número do enigma que resolvedes.
Tamén podedes entregar a resposta en man, por escrito, á profesora sempre dentro do prazo. As respostas entregadas fora de prazo non se terán en conta xa que ao remate do mesmo darei a solución na clase.
Animádevos a participar! Agardo as vosas respostas!