Moi boas a todos +krelixiosos! Estabámonos plantexando facer o Camiño de Santiago, apuntadesvos?
A nós ocurreusenos facer esta viaxe logo de visitar a Catedral e o Monte do Gozo nunha excursión co Instituto a Santiago. Era tan fermosa..., unha auténtica obra de arte! E encima a emoción de atoparse ante o apóstolo Santiago. Foi realmente emotivo.
Debido
a isto, propuxémonos realizar a viaxe a pé, como se fixo sempre, e así
poderemos sentir na nosa propia pel a emoción que senten milleiros de
viaxeiros que realizaron este camiño ao longo dos séculos.
Se ti tamén estás interesad@ en facer o camiño, podes informarte en esta páxina, onde vos diremos todo o material e información necesaria.
Antes de empezar a colocar a mochila, creo que é importante saber que é ser peregrino e por que a xente quere facer a peregrinación a Santiago.
A peregrinación é un tempo no que se vive apartado da vida diaria e no que un se dirixe a un lugar santo. No noso caso a Santiago de Compostela
É unha oportunidade para a reflexión personal, para a oración e para disfrutar da amizade e compañeirismo con outros peregrinos de diferentes países e tradicións.
Para máis información podes ir a páxina oficial do Camiño de Santiago, aquí deixo o enlace: http://www.caminodesantiago.gal/es/inicio
No hay comentarios:
Publicar un comentario