martes, 29 de diciembre de 2009

OS CANTOS DE NADAL

A nosa cultura, respecto dos cantos de Nadal, é moi rica e variada xa que non falamos só de vilancicos ou panxoliñas senón que podemos distinguir ata seis tipos de cantos segundo o momento no que se interpretan e o tema concreto do que falan:
Os Vilancicos, segundo Carlos Villanueva da USC, son as pezas que se cantan nas igrexas e que están ligadas sobre todo á liturxia de Noiteboa, na misa do Galo e a de Nadal. A temática é o nacemento do Neno sempre dende o máis absoluto respecto.
As Panxoliñas teñen un carácter máis festivo aínda que o tema segue sendo unha chamada a fraternidade arredor do pesebre.
O Arrolo é unha panxoliña adicada concretamente a anainar e durmir ó Neno recén nacido.
Os Aguinaldos usábanse máis antigamente. Na actualidade este costume parece que se vai perdendo. Sobre todo, os nenos ían de casa en casa pedindo o aguinaldo ós veciños , e estes dábanlles ou doces ou diñeiro. Caracterízanse polo seu enxeño e ironía e apelan á xenerosidade da xente.
Os Aninovos non son concretamente de temática cristiá. Cántanse o un de xaneiro e neles adoitan aparecer supersticións do pobo sobre o comezo do ano.
Os Manoeles son cantos que se interpretan no primeiro día do ano, día de san Manoel, e están adicados tamén ó Neno Xesús que acaba de nacer.
Os Cantos de Reis son típicos do 5 de xaneiro. Son pequenas composicións que a xente entoa dividida en dous grupos e que narran a historia do nacemento de Neno Xesús e a chegada dos Reis Magos.

Elaborado polos alumnos de 4º de ESO con información de Galipedia.org e Vieiros.com

martes, 22 de diciembre de 2009

ALGÚNS DATOS SOBRE OS VILANCICOS

  • Cando falamos de vilancicos e panxoliñas referímonos as cancións sinxelas de orixe popular destinadas a ser interpretadas durante as festas de Nadal.
  • Na súa orixe non tiñan contido relixioso, máis ben reflexaban a vida nas vilas, falando do que sucedía na comarca e interpretábanse nas festas. Pouco a pouco, o asunto relixioso foi adquirindo maior importancia, debido a que as autoridades eclesiásticas buscaban introducir composicións sinxelas e directas, na língua do pobo co fin de achegalo os misterios da fe nas celebración de Nadal e Corpus Christi.
  • O primeiro vilancico en galego do que se ten constancia data de 1637, nos Séculos Escuros, nos que apenas había manifestación literarias en galego, sen embargo, tratou de facerse un vilancico culto baseado na tradición popular.
  • O costume de cantar un vilancico en galego no Nadal orixinouse na Catedral de Compostela en 1790, pero quen mantivo o ritual ata o século XX foi Mondoñedo, sede da nosa diócese, onde se conservan moitos deles.
  • Estes cantos populares serven tamén para coñecer millor os usos e costumes da sociedade e da época na que foron compostos.
  • No ano 1978, recén inaugurada á democracia tras anos de escuridade, o grupo galego Fuxan os Ventos grabou o seu traballo "Galicia Canta ó Neno" recollendo panxoliñas populares da nosa terra o que para moitos de nós supuxo unha reafirmación da nosa identidade como pobo. Na actualidade este traballo foi dixitalizado e volve estar á venda.
    Elaborado polos alumnos de 4º de ESO con información de Vieiros.com

martes, 15 de diciembre de 2009

¡ESCOITA!

Se pinchas no seguinte enlace poderás escoitar algúns vilancicos galegos en formato Mp3:

http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html

¡Esperamos que vos gusten!

NAVIDAD

Según el diccionario Navidad significa nacimiento o natividad, Para el cristianismo es la fiesta en la que celebramos el nacimiento de Jesús y la llegada del MESÍAS siendo la fiesta cristiana más importante junto con la Pascua.
A esta fecha tan especial le puedes dar muchos significados: unos tal vez recuerden que en ese tiempo es cuando reciben sus aguinaldos, para otros quizás sean vacaciones; los peques la relacionan con que no van a la escuela, tiempo libre y regalos, los chavales piensan en los intercambios y fiesta y botellón en fin de año y tú lo sabes =) ; y para muchos otros, es una excelente oportunidad para ver a los familiares que están lejos y cenar con ellos.
Pero.... ¿Qué es para ti la navidad?.

VILANCICOS

Na liturxia, nas escenificacións e na rúa todos os anos dende o 24 de decembro ata o día de reis cántanse vilancicos e panxoliñas. Non son exactamente a mesma cousa xa que o vilancico ten unha orixe litúrxica e a panxoliña é máis oral. Dende o seu emprego en Mondoñedo no século XVIII foron introducindo no mundo relixioso cantares que recollían características do contorno galego precisamente nunha etapa escura e difícil. Son vilancicos de galego e en galego.
O vilancico é, pois, unha forma culta típicamente hispana que se converteu nun xénero relixioso mediante a adaptación das melodías profanas que cantaba o pobo.
Vilancico:

Un fato de labradores,
que todos somos galegos,
a Belén viñemos xuntos
co noso amigo o gaiteiro,
para ó son dunha alborada
cantar esta mañá cedo,
con moito lecer, aquí
unha tonada a este Neno;
que che está de rechupete
se non xa o veremos.
A nosa alboradana
gaita toquemos,
pois que neste alpendre
Noso Señor vemos.
Naceu para abrirnos
as portas do Ceo;
xa vén, endebén,
o noso remedio.
¡Vinde velo todos!
¡Rapaces, ergueivos!
Vinde, vinde axiña;
vinde, vinde ledos;
vinde, vinde axiña;
vinde a velo.

Elaborado por Judit Trelles e Fátima Palmeiro (4º ESO A)