- Cando falamos de vilancicos e panxoliñas referímonos as cancións sinxelas de orixe popular destinadas a ser interpretadas durante as festas de Nadal.
- Na súa orixe non tiñan contido relixioso, máis ben reflexaban a vida nas vilas, falando do que sucedía na comarca e interpretábanse nas festas. Pouco a pouco, o asunto relixioso foi adquirindo maior importancia, debido a que as autoridades eclesiásticas buscaban introducir composicións sinxelas e directas, na língua do pobo co fin de achegalo os misterios da fe nas celebración de Nadal e Corpus Christi.
- O primeiro vilancico en galego do que se ten constancia data de 1637, nos Séculos Escuros, nos que apenas había manifestación literarias en galego, sen embargo, tratou de facerse un vilancico culto baseado na tradición popular.
- O costume de cantar un vilancico en galego no Nadal orixinouse na Catedral de Compostela en 1790, pero quen mantivo o ritual ata o século XX foi Mondoñedo, sede da nosa diócese, onde se conservan moitos deles.
- Estes cantos populares serven tamén para coñecer millor os usos e costumes da sociedade e da época na que foron compostos.
- No ano 1978, recén inaugurada á democracia tras anos de escuridade, o grupo galego Fuxan os Ventos grabou o seu traballo "Galicia Canta ó Neno" recollendo panxoliñas populares da nosa terra o que para moitos de nós supuxo unha reafirmación da nosa identidade como pobo. Na actualidade este traballo foi dixitalizado e volve estar á venda.
Elaborado polos alumnos de 4º de ESO con información de Vieiros.com
martes, 22 de diciembre de 2009
ALGÚNS DATOS SOBRE OS VILANCICOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario