martes, 15 de diciembre de 2009

VILANCICOS

Na liturxia, nas escenificacións e na rúa todos os anos dende o 24 de decembro ata o día de reis cántanse vilancicos e panxoliñas. Non son exactamente a mesma cousa xa que o vilancico ten unha orixe litúrxica e a panxoliña é máis oral. Dende o seu emprego en Mondoñedo no século XVIII foron introducindo no mundo relixioso cantares que recollían características do contorno galego precisamente nunha etapa escura e difícil. Son vilancicos de galego e en galego.
O vilancico é, pois, unha forma culta típicamente hispana que se converteu nun xénero relixioso mediante a adaptación das melodías profanas que cantaba o pobo.
Vilancico:

Un fato de labradores,
que todos somos galegos,
a Belén viñemos xuntos
co noso amigo o gaiteiro,
para ó son dunha alborada
cantar esta mañá cedo,
con moito lecer, aquí
unha tonada a este Neno;
que che está de rechupete
se non xa o veremos.
A nosa alboradana
gaita toquemos,
pois que neste alpendre
Noso Señor vemos.
Naceu para abrirnos
as portas do Ceo;
xa vén, endebén,
o noso remedio.
¡Vinde velo todos!
¡Rapaces, ergueivos!
Vinde, vinde axiña;
vinde, vinde ledos;
vinde, vinde axiña;
vinde a velo.

Elaborado por Judit Trelles e Fátima Palmeiro (4º ESO A)

No hay comentarios: